25 de octubre de 2011

Cartel Orden día pleno 28-10-2011


PROPÓN:
    A asistencia ao Pleno da Corporación Municipal do próximo venres día 28 de outubro, a todas as persoas que estean interesadas en participar de forma máis activa no funcionamento dos órganos do Concello.
    Desde Ágora entendemos que é importante que como veciños coñezamos a motivación das decisións que se toman no goberno municipal. Así como as distintas problemáticas a solventar pola Corporación.
    Como cidadáns temos a posibilidade de formular propostas cara un mellor desenvolvemento do pobo, dun xeito constructivo, evitando a crítica pola crítica. Entendemos que se nos facemos conscientes das nosas obrigas e dereitos como veciños, teremos máis forza para darlle voz ás nosas propostas ante os nosos representantes no Concello.

Orde do día do Pleno:
  • Aprobación acta anterior
  • Nomeamento, si procede, Xuiz de Paz titular do Concello.
  • Aprobación reversión parcela “Molideira de Arriba” a Excma. Deputación Provincial.
  • Trasvase de 13,99 l/s de auga do río Calvo, según petición do concello de Arbo.
Data e hora: venres 28 de outubro de 2011 ás 9,00 horas.

Ponse en coñecemento dos veciños que os Plenos do Concello de A Cañiza celébranse o último venres de cada mes par, as 9.00 horas.