Quén somos

Somos un grupo de veciños de A Cañiza (traballadores, desempregados, estudiantes...) que queremos intervir na vida do pobo dun xeito constructivo, propoñendo en lugar de protestando, tomando parte activa nas decisións que afectan ao pobo. Temos ideas que aportar, pensamos por nos mesmos e temos a vontade de crear un espazo de opinión para todo o mundo.

Non somos políticos, non queremos facer política e a ideoloxia política non nos define nin individualmente nin como grupo.

Queremos que A Cañiza sexa un lugar donde poder vivir e traballar. Queremos recuperar os nosos recursos naturais, aportando ideas para fomentar o turismo, a hostelería e o comercio.

Queremos amosar o potencial da Cañiza facendo reivindicacións factibles que se poidan levar a cabo dentro das posibilidades económicas, sociais e xeográficas do municipio.

Queremos recuperar os nosos dereitos como cidadáns e veciños, sen descuidar tampouco as nosas obrigas. Debemos recordar que todos temos a capacidade de contribuir ao desenvolvemento do pobo dun xeito posible e real.

Queremos que os gobernantes comecen a gobernar cara ao pobo, sen facer uso dos votos obtidos para gobernar a súa vontade sen ter en conta as necesidades e opinións dos veciños, especialmente naquelas decisións máis importantes para o pobo.

Queremos que, como protagonistas involuntarios desta crise que estamos a vivir, se nos teña en conta á hora de decidir sobre todos os aspectos fundamentais derivados do goberno municipal no exercicio das súas competencias.

Queremos ser máis, queremos as túas ideas, queremos a túa colaboración.

Reinvindicamos o espazo da Ágora no pobo, a praza como lugar de expresión da vida dos veciños, como o espazo no que poder compatir e construir un novo xeito de vida e de comunidade.

Recuperemos a nosa capacidade de re-crear o sistema no que vivimos para melloralo e mellorar nos mesmos.