23 de agosto de 2011

Ágora propón

Ágora propón a asistencia ao Pleno da Corporación Municipal do próximo venres día 26 de agosto, a todas as persoas que estean interesadas en participar de forma máis activa no funcionamento dos órganos do Concello.

Desde Ágora entendemos que é importante que como veciños coñezamos a motivación das decisións que se toman no goberno municipal. Así como as distintas problemáticas a solventar pola Corporación.

Como cidadáns temos a posibilidade de formular propostas cara un  mellor desenvolvemento do pobo, dun xeito constructivo, evitando a crítica pola crítica. Entendemos que se nos facemos conscientes das nosas obrigas e dereitos como veciños, teremos máis forza para darlle voz ás nosas propostas ante os nosos representantes no Concello.

Orde do día do Pleno:


- Aprobación acta anterior.
- Modificación partidas presupuestarias.
- Festivos locais 2012.
- Convenio ORAL (Impuesto Trac.vehículos vía telemática.)

Data e hora: venres 26 de agosto de 2011 ás 9,00 horas.

Ponse en coñecemento dos veciños que os Plenos do Concello de A Cañiza celébranse o último venres de cada mes par, as 9.00 horas.

18 de agosto de 2011

Intervención Artística no monte ( R.valorización do monte )


No monte comunal da Parroquia de Achas (A Cañiza), ao carón da Cidade Celta, na antiga zona de cultivos do poboado, está a crecer un novo bosque de carballos. O monte comunal ten unha superficie aproximada de 50.000m2 e a zona de intervención é duns 10.000m2.

Neste espazo preténdese recuperar o bosque autóctono e autoprotexido contra incendios (simplemente por estar formado por frondosas que manteñen o chan húmido e fértil). Para acadalo vémonos obrigados a limpar a maleza a fin de dar tempo ás árbores a desenvolverse e proxectar a suficiente sombra que impida a ésta aporderarse do entorno.

O bosque está composto de árbores xóvenes de diversas clases (maioritariamente carballos) e piñeiros. É necesaria a eliminación de bastantes piñeiros que medran agrupados entre eles e entre os carballos, de xeito que, eliminando estes piñeiros, damos espazo para o desenvolvemento axeitado doutros piñeiros e, sobre todo, da flora autóctona.

En canto aos arbustos, respectaremos ao máximo carqueixas, escarabuñeiros e outras especies en perigo. Plantexamos unha drástica redución nesta zona de silvas, toxos e fentos, sen outro motivo que o de dar espazo para o desenvolvemento de arbustos en extinción.

Ademáis da limpeza e recuperación do bosque autóctono, propoñemos unha intervención artística libre, pero respectuosa ao máximo co medio ambiente, non puidendo utilizarse plásticos, pinturas acrílicas, metais ou calquera outro material non natural, ademáis de que non ha de supor perigo ningún para os animais.

As intervencións co son deben adecuarse a este criterio, polo tanto non deben supoñer unha alteración do entorno acústico da zona.

Ao ser un espazo aberto a calquera intervención, unha nova intervención debe respectar as anteriores e, no posible, complementalas.