22 de marzo de 2012

Retratándonos







"retratos.m. 1. Debuxo, figura, fotografía, etc., que representa a imaxe, con máis ou menos detalle, dunha persoa ou grupo de persoas da realidade. Un retrato familiar." 
Primeira acepción da palabra retrato según o diccionario da R.A.G.


Esta fotografía foi feita alá polo ano 1929. Recolle un instante, un momento conxelado fai nada menos que 83 anos. As protagonistas, quizais pensaran nese intre no pai e no marido ausente, que un tempo despois de que o fotógrafo disparase, recibiría por correo en Buenos Aires, a proba gráfica de que a muller e a filla se atopaban ben. Porque naqueles tempos, coma nestes, a imaxe era poderosa fronte ás palabras. A fotografía, un reflexo da realidade. Un milagre capaz de parar o tempo para conteplalo despois.










Aquelas xentes poñíanse fronte ó fotógrafo coa intención clara de retratarse para os demais e para a posteridade. Os magos da cámara creaban nos seus estudios decorados teatrais nos que posar. Cortinóns, plantas, telas pintadas con paisaxes lonxanos...Un decorado irreal para retratar a persoas reais.                                                                                    
                                                        


Donada por Inés Cacharrón
Os retratados adoitan frecuentemente un aire de importancia, do que se sinte por un intre inmortalizado e en certo modo inmortal. Mirai senón estes dous homes de Pereiras. De orixen humilde, vestidos coas mellores galas, levan mirándonos dende os anos 30. Ou estas elegantes mulleres de Vigo. O sorriso espontáneo dunha delas fálanos dese momento, igual que a pose tan elegante da que, sentada, nos mira seducíndonos.



Na festa do lacón con Petelo celebrada na Cañiza o pasado fin de semana, aproveitando o espíritu dos anos 20 que se respiraba no pobo, decidimos improvisar un vello estudio fotográfico na carpa da praza maior. Por alí foron pasando os que quixeron retratarse regalándonos sorrisos e poses.



























Brindamos pola xente con iniciativa,  polos que fixeron posible a festa. Polos antergos que comían petelo para matar a fame e polos que o comemos para festexar. Saúde!



No hay comentarios:

Publicar un comentario